Bolsa de prácticas no Servizo de Normalización Lingüística de Ames

O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no seu Servizo de Normalización Lingüística, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral e menores de 31 anos.

REQUISITOS DE TITULACIÓN:

Licenciatura en Filoloxía Galega ou grao en Lingua e Literatura Galegas.

OUTROS REQUISITOS:

– Estar inscritos/as no Servizo Público de Emprego de Galicia.

– Estar titulados/as nos últimos tres anos nunha das tres universidades galegas.

– Ter menos de 31 anos.

– Non ter experiencia laboral nesta materia.

TIPO DE CONTRATACIÓN:

Será un contrato en prácticas titorizado pola técnica responsable do SNL.

XORNADA LABORAL E DURACIÓN DA BOLSA:

As prácticas serán a xornada completa durante cinco meses, con posibilidade de prórroga.

RETRIBUCIÓN:

O salario será de 605 euros mensuais.

PRAZO PARA INSCRIBIRSE:

Até o 23 de xuño.

LUGAR DE INSCRICIÓN:

A inscrición farase través da plataforma da FEUGA.

Máis información sobre o programa de formación da FEUGA aquí.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio