Bolsa de emprego de TNL no Concello de Narón

O Concello de Narón publicou no BOP da Coruña de hoxe a inclusión na bolsa de traballo de 2017 dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentación de solicitudes é de 20 días naturais.

O Concello de Narón acaba de anunciar a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicouse o anuncio da convocatoria e no web do concello están o Regulamento da selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón, o modelo de solicitude e o formulario de presentación de méritos.

TITULACIÓN REQUIRIDA: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués), ou Grao en Lingua Galega.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (até o 14 de febreiro)

SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso de méritos en que se valorará:

– a superación de probas selectivas relacionadas co posto no Concello de Narón

– a experiencia laboral na mesma especialidade, corpo, escala, subescala ou categoría no Concello de Narón, noutras administracións e noutras entidades ou empresas

cursos relacionados coa actividade

– coñecemento da lingua galega (só se valorará o grao superior que se alegue)

Tamén se poderá realizar unha entrevista persoal (opcional) de acordo co que decida o órgano de selección e tendo en conta as características do posto.

Anuncio no BOP, en .pdf

Regulamento, modelo de solicitude e formulario para alegar os méritos, tamén en formato .pdf

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio