Participar nesta iniciativa é moi sinxelo. Só hai que enviar as tres palabras elixidas até o día 15 de maio ao Departamento de Cultura. Para iso pódese cubrir un formulario en papel que se pode recoller e entregar nas dependencias administrativas do Concello, no Departamento de Cultura e nas Bibliotecas Públicas Municipais dos Tilos e do Grilo-Cacheiras. O envío das palabras tamén se poderá facer por correo electrónico a través da páxina web a través dun formulario.
Elixir a palabra preferida do idioma galego neste caso tamén terá premio. O Concello sorteará un total de 10 libros de temática relacionada con Teo entre todas as persoas que fagan os seus envíos antes do 15 de maio.
Máis información, aquí.
Bolboreta, Galiza, bico… E cal será a palabra máis fermosa?
No marco das Letras Galegas, o Concello de Teo anima a todas as persoas que queiran a elixir a súas palabras preferidas. Elixir as máis fermosas terá premio.