O Concello de Vimianzo publicou as bases que rexerán o proceso selectivo (concurso-oposición) co fin de elaborar unha bolsa de emprego para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística en réxime de contratación laboral por obra ou servizo de terminado, a xornada completa, até o 31 de decembro de 2018.
FUNCIÓNS DA PRAZA
Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística, de acordo coa listaxe da convocatoria de axudas para SNL da Deputación da Coruña. Daquela, divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación (socio)lingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación con outras administracións.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
– licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
– grao en Lingua e Literatura Galegas,
– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN
A selección efectuarase mediante concurso-oposición. A fase de oposición (8 puntos como máximo) dividirase nas seguintes probas:
1º exercicio: cuestionario de 30 preguntas (valorarase cun máximo de 3 puntos).
2º exercicio: proba práctica onde se poñan de manifesto os coñecementos sobre as tarefas que se van desenvolver (de 0 a 5 puntos).
Na fase de concurso (até 2 puntos) valoraranse cursos de linguaxe administrativa e outros cursos.
PRAZO
Será de 8 días naturais desde o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, é dicir, até o 29 de xaneiro de 2018 (por mor de que o último día de prazo cadra en día non hábil).
Información sobre o proceso selectivo no web do Concello de Vimianzo.
Bases para a formación dunha bolsa de emprego de TNL no Concello de Vimianzo
O Concello de Vimianzo publicou no BOP da Coruña de hoxe o anuncio da convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante concurso-oposición. O prazo para presentar solicitudes será de 8 días naturais (até o 29 de xaneiro).