O Concello de Sada anuncia un proceso selectivo (oposición) para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística, a xornada completa, en réxime de contratación laboral temporal.
FUNCIÓNS DA PRAZA
Consistirán na posta en marcha do servizo municipal de normalización lingüística, e divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.
XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO
A xornada laboral será a tempo completo e o a duración do contrato será desde a súa formalización até o 31 de decembro de 2017.
REQUISITOS DE TITULACIÓN
– licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
– grao en Lingua e Literatura Galegas,
– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN
A selección efectuarase mediante oposición, que se dividirá en dous exercicios obrigatorios e eliminatorios:
1º exercicio: proba teórica (cuestionario de 30 preguntas e mais 5 de reserva)
2º exercicio: proba práctica sobre as tarefas que se van desenvolver no posto de traballo.
PRAZO
Será de 10 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A convocatoria publicouse no BOP do 8 de xuño; daquela, o prazo é do 9 ao 19 de xuño (por coincidir o último día do prazo en día inhábil, de acordo co artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).
TAXAS
A taxa de participación no proceso selectivo ascende a 25 euros.
Poden consultarse as bases, que inclúen o temario, aquí.
Bases publicadas no BOP, en .pdf
Bases para a contratación dun TNL no Concello de Sada
O Concello de Sada publicou no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística en réxime de contratación laboral temporal. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días naturais desde a publicación das bases no BOP da Coruña.