Bases para a contratación dun TNL no Concello de Arzúa

O Concello de Arzúa publicou no BOP as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, a xornada parcial. A selección farase mediante oposición e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

O Concello de Arzúa anuncia un proceso selectivo (oposición) para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística, a xornada parcial (25 horas semanais), na modalidade de funcionario interino durante dous anos.

FUNCIÓNS DA PRAZA

Serán as propias dun/dunha técnico/a de normalización lingüística e aparecen indicadas no Programa local de normalización lingüística do Concello de Arzúa. Divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.

XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DA INTERINIDADE

A xornada será de 25 horas semanais nun contrato de interinidade de dous anos de duración.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

– licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)

– grao en Lingua e Literatura Galegas,

– outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)

SISTEMA DE SELECCIÓN

A selección efectuarase mediante oposición libre, que se desenvolverá en dúas fases:

a) Fase de oposición: cunha proba teórica (cuestionario de 30 preguntas) e unha proba práctica (suposto práctico)

b) Fase de entrevista: en caso de empate entre os aspirantes con maior puntuación, realizaráselles unha entrevista para desempatar.

PRAZO

Será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

O anuncio da convocatoria publicouse no DOG do 1 de xuño de 2017; polo tanto, o prazo finaliza o 15 de xuño.

Bases completas, temario e modelo de solicitude, en .pdf

Anuncio no DOG, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio