O Concello de Narón publica no Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público do ano 2020. O pasado 25 de xuño publicáranse no mesmo medio as bases xerais, que regulan entre outras cousas os requisitos xerais, a forma de presentación de instancias e o prazo.
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES
Alén dos establecidos nas bases xerais (idade, non padecer enfermidade que impida o desenvolvemento das tarefas do posto, etc.), os requisitos de titulación son: licenciatura en Filoloxía Galego-portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-portugués), grao en Lingua Galega ou equivalente.
PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O sistema de selección será o concurso-oposición libre.
PROBAS DA FASE DE OPOSICIÓN
A totalidade desta fase terá unha cualificación máxima global de 20 puntos, e consistirá na realización dos seguintes exercicios:
– Exame teórico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá en desenvolver por escrito durante dúas horas dous temas, un do temario xeral e outro do específico.
– Exame práctico, de carácter eliminatorio e obrigatorio, que consistirá en desenvolver por escrito durante dúas horas un ou varios supostos prácticos.
– Proba de lingua galega, que se cualificará como apto ou non apto, e da cal estarán exentos as persoas candidatas que posúan o Celga 4.
O temario, de 25 temas na parte xeral e 65 na parte específica, figura como anexo das bases específicas.
FASE DE CONCURSO
A puntuación máxima posible desta fase é de 13 puntos. Valoraranse os seguintes méritos:
– Experiencia profesional en postos de técnico/a de normalización lingüística en calquera administración pública (0,5 puntos por ano, ata un máximo de 8).
– Formación relacionada co posto de traballo, ata 5 puntos.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS
De acordo coas bases xerais, as solicitudes presentaranse no modelo que proporciona o Concello de Narón a través da súa sede electrónica ou do rexistro. Irán acompañadas de copia do DNI, copia da titulación esixida, xustificante de pagamento do dereito de exame e fotocopia dos documentos acreditativos dos méritos alegados. Non será necesaria a compulsa dos documentos que se presenten fotocopiados, bastando a declaración responsable da persoa interesada sobre a súa autenticidade, así como dos datos que figuran na instancia, sen prexuízo de que, en calquera momento, o tribunal cualificador ou os órganos competentes do Concello de Narón poidan requirir os/as aspirantes para que acrediten a veracidade das circunstancias e documentos presentados.
A solicitude presentarase a través de calquera das seguintes vías: Rexistro do Concello, Sede Electrónica do Concello de Narón ou calquera das establecidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
DEREITOS DE EXAME
O dereitos de exame establécense en 17,21 €.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Será de 20 días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Este anunciou publicouse o 1 de novembro de 2021, polo que o prazo de presentación de solicitudes vai do 2 ao 22 de novembro (por ser domingo o último día do prazo).
Información completa:
– Oferta pública de emprego, en .pdf (BOP do 20 de marzo de 2020)
– Bases xerais, en .pdf (BOP do 25 de xuño de 2021)
– Bases específicas, en .pdf (BOP do 28 de xuño de 2021)
– Corrección de erros ás bases específicas, en .pdf (BOP do 22 de xullo de 2021)
– Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 15 de outubro de 2021)
– Anuncio da convocatoria no BOE (BOE do 1 de novembro de 2021)
Información na sede electrónica do Concello de Narón.
Bases específicas dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Narón
O Concello de Narón, tras o anuncio da oferta pública de emprego de 2020 e a publicación das bases xerais para a cobertura definitiva de varias prazas, publica hoxe no BOP as bases específicas para a cobertura definitiva dunha praza de técnico/a de normalización lingüística.