Deputación de Ourense

Bases dunha nova convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

Deputación Provincial de Ourensepublicou no BOP do mércores 30 de outubro de 2024 as bases para a provisión de varias prazas vacantes, entre elas unha praza de tradutor/a de lingua galega correspondente a OPE de 2021. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais logo da publicación do anuncio no BOE.  

Deputación Provincial de Ourense publicou no BOP do 30 de outubro as bases da convocatoria para a provisión dunha praza de tradutor/a de lingua galega dentro da oferta de emprego público de 2021.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

A praza é de persoal funcionario do subgrupo A1. 

REQUISITOS DE TITULACIÓN PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO

Título universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, de galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento. 

SISTEMA DE SELECCIÓN

O sistema de selección é a oposición libre.

oposición consistirá en tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:

  1. Teórico escritotest sobre as materias do temario: 90 preguntas. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e corenta e cinco minutos.
  2. Teórico-práctico: consistirá en desenvolver por escrito un cuestionario de varias preguntas de contido teórico-práctico da parte II do temario. Valorarase o contido, grao de coñecementos amosado e claridade no desenvolvemento da proba. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: determinarao o tribunal, máximo unha hora e trinta minutos.
  3. Práctico escrito: consistirá en resolver por escrito un ou dous supostos prácticos en relación cos contidos da parte II do temario determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: determinarao o tribunal, máximo unha hora e trinta minutos. O número de preguntas tamén o determinará o tribunal.

temario inclúe 18 temas sobre materias xerais e 72 sobre materias específicas, que abranguen historia da lingua, variedades e rexistros, sociolingüística e po proceso de normalización lingüística, unha ampla descrición da gramática do galego, tipoloxía textual, dicionarios e mesmo literatura. 

PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo de inscrición neste proceso selectivo será de 20 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOE

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio