Bases do programa de subvencións da Deputación Provincial da Coruña dirixidas a SNL das entidades locais

A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 5 de febreiro de de 2020 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2020, dirixida a entidades locais. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 6 de marzo ás 14.00h.

A Deputación Provincial da Coruña anunciou as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais. Estas bases publicáronse no BOP da Coruña do 5 de febreiro de 2020.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

creación de novos servizos de normalización lingüística

mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)

IMPORTE DAS AXUDAS

O importe total do crédito consignado (500.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade fixa máxima de 15.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

De acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Este extracto publicouse o no BOP do 17 de febreiro e estableceu como data límite para presentar solicitudes o 6 de marzo ás 14.00 horas.

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de abril de 2021.

Información máis detallada:

– nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 5 de febreiro de 2020)

– no extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 17 de febreiro de 2020)

ADDENDAS

Resolución provisional das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 12 de xuño de 2020).

Resolución definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 16 de xullo de 2020).

Resolución pola que se aproba a nova concesión definitiva das axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de outubro de 2020).

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio