Publícase no DOG do 10 de xuño a orde do 27 de maio de 2008 na que se estabelece a convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega.
Un programa ao que Cultura destina unha dotación orzamentaria de 450.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 10 de xullo de 2008.
A convocatoria completa, en .pdf, pode consultarse aquí.
Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega
A Consellería de Cultura e Deportes convoca axudas para a concesión de subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega (longametraxes de ficción, longametraxes documentais, películas para televisión, formatos innovadores para televisión e proxectos piloto de series de animación).