Axudas para a elaboración de contidos interactivos en galego

A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, publica no DOG do 11 de xuño as bases da convocatoria de subvencións aproxectos de desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega. O prazo de solicitude destas axudas remata o vindeiro 11 de xullo.

Tal como estabelece a convocatoria, serán consideradas creacións dixitais interactivas as producións que conteñan información en distintos soportes (texto, son ou imaxe estática ou en movemento) para difundir por internet, televisión dixital interactiva, consolas de videoxogos e dispositivos móbiles.

Na modalidade de desenvolvemento de contidos interactivos (fase de preprodución, plan financeiro e explotación comercial) o importe máximo subvencionábel será de 15.000 euros. Por outra banda, na categoría de proxectos de produción de contidos interactivos (os que teñan como soporte as novas tecnoloxías) a dotación máxima será de 50.000 euros.

Estas subvencións teñen por obxecto dinamizar o coñecemento da sociedade da información entre os galegos e fomentar o uso das novas tecnoloxías.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de xullo.

Pódese acceder á convocatoria completa, en .pdf, aquí.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio