Axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos de Pontevedra e para a dinamización lingüística por parte de entidades

A Deputación de Pontevedra publica dúas liñas de axudas para a dinamización do galego na provincia: para a creación de servizos de normalización en concellos e para accións de dinamización lingüística por parte de entidades sociais. O prazo de solicitude remata o 15 de abril e o 23 de marzo, respectivamente

AXUDAS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA

-Beneficiarios: concellos de até 50.000 habitantes.

-Obxecto: creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística ou programas de dinamización da lingua galega en concellos sen SNL.

-Orzamento: 150.000 €

-Axuda que se concede: até 8.000 € para SNL e até 6.000 para actividades.

-Prazo de solicitude: até o 15 de abril.

Convocatoria, en .pdf, aquí>

AXUDAS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA POR PARTE DE ENTIDADES DE PONTEVEDRA

-Beneficiarios: entidades sen fin de lucro que actúen na provincia de Pontevedra.

-Obxecto: certames xornalísticos, literarios ou teatrais; festivais de música; accións de fomento do galego na cultura, no comercio e nas tecnoloxías de información e da comunicación; recoñecemento a persoas ou colectivos que aposten pola lingua.

-Orzamento: 275.000 €

-Axuda que se concede: até un máximo do 100% da actividade subvencionada.

-Prazo de solicitude: até o 23 de marzo.

Convocatoria, en .pdf, aquí>
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio