A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do 16 de marzo a convocatoria de axudas para realizar actividades de dinamización da lingua galega durante o ano 2026 dirixidas a concellos de menos de 50.000 habitantes. O prazo está aberto durante un mes.
Obxecto desta convocatoria
Actividades que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026 das seguintes características:
- Fomento do uso e prestixio da lingua galega a través de programas de normalización e dinamización lingüística:
- Certames literarios e xornalísticos que promovan a creación en lingua galega nos rangos de idade onde o galego ten menos uso e prestixio.
- Actividades de creación que permitan asociar a lingua galega a valores positivos: modernidade, lecer, novas tecnoloxías, videoxogos.
- Proxectos de creación artística nos ámbitos audiovisual, dos pódcasts, dos videoxogos, literario, musical e da banda deseñada, especialmente dirixida á infancia e á mocidade.
- Xornadas e eventos que promovan a creación en lingua galega.
- Sociolingüística e toponimia:
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística.
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia.
- Fomento do emprego do galego no comercio e na industria.
- Campañas para a dinamización, o uso e o prestixio da lingua galega no ámbito comercial e socioeconómico.
- Recoñecementos e distincións:
- Accións que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que transmitan valores positivos asociados á lingua galega a través do seu uso e defensa.
- Calquera outra actividade ou programa de actividades cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do idioma galego entre a poboación, nomeadamente entre a infancia e a mocidade.
- Fomento do emprego do idioma galego:
- Actividades de captación de neofalantes.
- Actividades de dinamización e normalización da lingua galega que fomenten o emprego activo da lingua, a socialización en galego e que o asocien con valores positivos (modernidade, prestixio, lecer, diversión), especialmente dirixidas á infancia e á mocidade.
Entidades destinatarias
Concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes
Orzamento
150.000 euros
Solicitudes
Presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra, no procedemento SIA 2329331.
Prazos
- Para solicitar as axudas: do 17 de marzo até o 16 de abril de 2026.
- Para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2027.
Valoración das candidaturas
Na base décimo terceira recóllense os criterios de valoración das candidaturas, entre as que están as seguintes:
- Calidade e contido técnico da proposta,
- o orzamento,
- a porcentaxe de financiamento que se solicita,
- experiencia, traxectoria e especialización no desenvolvemento de actividades, onde se valora que sexa un programa dirixido a un ámbito estratéxico (socioeconómico, educación, familia, mocidade, lecer e novas tecnoloxías) ou que sexa un programa que se desenvolva en rede ou en colaboración con outras entidades,
- o grao de consolidación e sensibilización lingüística do concello, onde que se valora dispoñer dun SNL, o número de edicións do programa ou o número de accións dentro do programa.
Os concellos da provincia de Pontevedra podían dotarse de servizo de normalización lingüística beneficiándose doutra convocatoria de axudas da propia Deputación. O prazo para solicitar estas axudas para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL finalizou o 5 de marzo.
Información destacada
- Prazo para pedir as axudas: do 17 de marzo ao 16 de abril de 2026
- Formulario de solicitude: no procedemento SIA 2329331 da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra.
- Destinatarios: concellos de menos de 50.000 habitantes
- Prazo para xustificar as axudas: até o 28 de febreiro de 2027
Información detallada
- Bases completas, en .pdf (BOP do 16 de marzo de 2026)
- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 16 de marzo de 2026)




