Axudas da Xunta para a promoción da lingua desde os concellos

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións). O prazo para solicitar estas axudas remata o 10 de maio.

No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a orde do 24 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A). Estas axudas son xestionadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN

1. Creación dun servizo de normalización lingüística

2. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística

3. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.

DESTINATARIOS

-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2021

PRAZO DE SOLICITUDE

-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir, até o 10 de maio de 2021 por ser inhábil o último día de prazo.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

– As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística

-Poboación

-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística

-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua

-Inclusión de formación lingüística

-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte

-Mocidade

-Tecnoloxías da información e da comunicación

-Tecido económico e empresarial

-Servizos sociais

-Perspectiva de xénero e igualdade

Alén de ser un ámbito prioritario, no artigo 7 tamén se especifica a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.

ORZAMENTO

O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 350.000 euros.

Orde completa, en .pdf (DOG do 9 de abril de 2021)

Extracto da convocatoria, en .pdf (DOG do 9 de abril de 2021).

ADDENDAS

Resolución da convocatoria, en .pdf (DOG do 15 de xullo de 2021)

Listaxe de concellos e modalidades de concesión das axudas, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio