Axudas aos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros privados

No DOG do 5 de xaneiro publicouse a Resolución do 22 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de axudas para financiar proxectos de fomento do uso do galego dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino privados de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o ano 2009, curso escolar 2008-2009.

OBXECTO



Esta resolución ten por obxecto convocar axudas para contribuír ao financiamento, en réxime de concorrencia competitiva, dos proxectos de fomento do uso do galego, promovidos polos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros privados de ensino de Galicia, que imparten ensinanzas regradas non universitarias, durante o 2009.



DESTINATARIOS



Os centros de ensino privados citados no parágrafo anterior. Na solicitude figurará o nome do centro e o nome da persoa física ou xurídica titular, co NIF/CIF correspondente.



PRAZO



O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. Contarase a partir do día seguinte ao de publicación da resolución (5 de xaneiro) no DOG.



Pode consultar as bases completas nesta ligazón

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio