Axudas a proxectos para o fomento da lingua nos centros de ensino durante o curso 2020-2021

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou no DOG do 15 de xaneiro as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego neste curso escolar, dirixidas a centros públicos e a centros privados. Prazo para pedir as axudas: un mes.

No DOG do 15 de xaneiro de 2021 publicáronse as convocatorias de axudas para proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino correspondentes ao curso 2020-2021. Están dirixidas, por unha parte, a centros de titularidade pública e a centros privados.

DESTINATARIOS

Centros de titularidade pública ou privada de Galicia que imparten ensino regrado de nivel non universitario.

DOTACIÓN ORZAMENTARIA

O crédito para o fomento dos proxectos de fomento de uso do galego en centros públicos é de 350.000 euros e o correspondente aos centros privados é de 23.833 euros.

FORMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (PL500A ou PL500B segundo o centro sexa, respectivamente, público ou privado).

O prazo para presentar solicitudes é dun mes desde o día seguinte á publicación dos extractos das convocatorias no DOG, é dicir, até o 15 de febreiro.

Máis información:

Convocatoria para centros públicos, en .pdf e extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)

Convocatoria para centros privados, en .pdf e extracto, tamén en .pdf (DOG do 15 de xaneiro de 2021)

– Información no Portal da Lingua Galega: centros públicos e centros privados
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio