Asociarse

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa as persoas que traballan no ámbito da lingua e da normalización do galego. 

Só coa implicación de todas e de todos conseguiremos construír un colectivo forte para traballar polos intereses xerais dos traballadores e das traballadoras de normalización lingüística no noso país, pola formación continua e, en xeral, pola mellora no proceso de fomento da lingua galega en todos os ámbitos da nosa sociedade.

Por iso, a CTNL necesita contar contigo!

Ademais, se te asocias, poderás recibir puntualmente toda a información sobre lingua (cursos, xornadas, convocatorias, novidades, etc.), gozarás de preferencia e de importantes descontos en accións formativas organizadas pola CTNL ou coas que colabora a CTNL, poderás participar nas diferentes actividades que organizamos, poderás facernos chegar as túas propostas, queixas, reclamacións, etc.

Cota anual:

  • Convencional: 30 euros ao ano 
  • Estudantes, bolseiros/as ou persoas desempregadas: 20 euros ano 

Para te asociares podes cubrir o seguinte formulario (ou contactar no 629 571 950 ou no enderezo electrónico info@ctnl.gal):

Por favor, activa JavaScript no teu navegador para completar este formulario.
Nome e apelidos
Política de privacidade
PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RXPD e LOPDGDD 3/2018. Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) como responsable do tratamento, tratará os seus datos para xestionar a relación como socio. Poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación e supresión de datos, entre outros, segundo se explica na Política de Privacidade.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio