Asemblea Xeral Ordinaria 2009 da CTNL
Día: venres 13 de marzo de 2009 Hora: 18.00 h Lugar: Aula 3 da Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Campus Norte. Santiago de Compostela
Orde do día:
1. Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e votación do informe de xestión
4. Exposición, debate e votación do informe de contas
5. Exposición, debate e votación das liñas de traballo para o próximo exercicio
6. Renovacións na Xunta Directiva
7. Rolda aberta de intervencións
As socias e os socios da CTNL poden consultar a documentación da asemblea no apartado restrinxido do web Actas e documentación interna.
Cea anual da CTNL
O mesmo día da Asemblea, venres 13 de marzo, terá lugar a cea anual da CTNL, ás 22.00 h, no Casal do Cabildo (Rúa de San Pedro 18. Santiago de Compostela). O prezo da cea será de 20 euros
As persoas que queiran asistir deberán confirmalo até o 10 de marzo no enderezo info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950.