Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición e aprobación do informe de xestión
4. Exposición e aprobación do informe de contas
5. Exposición e aprobación das liñas de traballo para o próximo exercicio
6. Renovacións na Xunta Directiva
7. Rolda aberta de intervencións
Pódense enviar propostas para as liñas de traballo para o próximo exercicio previamente por correo electrónico a info@ctnl.org (propostas de accións, cursos, outras actividades, etc.).
Nos vindeiros días irase incorporando máis información sobre as propostas de liñas de actuación.
CEA ANUAL DA CTNL
O mesmo día da asemblea, venres 14 de marzo, ás 22.00 h, nun local de Santiago de Compostela aínda por determinar, terá lugar a cea anual da CTNL.
As persoas que queiran asistir deberán confirmalo antes do 10 de marzo no enderezo info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950.
Asemblea Xeral Ordinaria 2008 da CTNL
Día: venres 14 de marzo de 2008 Hora: 18.30 h Lugar: Aula 7 da Facultade de Filoloxía da USC. Avda. de Castelao s/n. Campus Norte. Santiago de Compostela