Asemblea Xeral da CTNL 2010. O venres 12 de marzo en Santiago de Compostela

O venres 12 de marzo terá lugar no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela, a partir das 17.30 h, a Asemblea Xeral da CTNL. As socias e os socios da CTNL poden descargar xa a través da área restrinxida do web toda a documentación necesaria para a Asemblea

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA CTNL 2010

  • DÍA: venres 12 de marzo de 2010


  • HORA: 17.30 h


  • LUGAR: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)


CONSULTA DE DOCUMENTACIÓN

As socias e os socios da CTNL podedes consultar xa toda a documentación necesaria para a Asemblea: acta da asemblea anterior, informe de xestión, informe económico e propostas de acción para o próximo exercicio. Deste xeito, poderedes preparar mellor as achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva.

A documentación está no apartado “O ANDEL DA CTNL > DOCUMENTACIÓN ASEMBLEA XERAL ORDINARIA 2010“, mais, para acceder a ela, é necesario rexistrarse no apartado “ACCESO A SOCIOS/AS“.

Se non lembras o teu nome de usuario/-a e/ou contrasinal para accederes á área restrinxida do web, podes solicitalos novamente no enderezo electrónico web@ctnl.org.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio