CTNL

Asemblea Xeral da CTNL: 15 de marzo en Compostela (asemblea, xantar e paseo lingüístico)

A Asemblea Xeral ordinaria da CTNL terá lugar o sábado 15 de marzo a partir das 10.00 h no Espazo Apego de Santiago de Compostela.

A CTNL convoca as súas socias e socios á Asemblea Xeral ordinaria de 2025, que terá lugar o sábado 15 de marzo, a partir das 10:00 da mañá no Espazo Apego de Compostela. Posteriormente celebrarase un xantar no restaurante O Dezaseis e pola tarde o paseo Compostela e as orixes da lingua.

Asemblea anual da CTNL

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral ordinaria o sábado 15 e marzo, ás 10.00 h en primeira convocatoria e ás 10.30 h en segunda, no Espazo Apego de Santiago de Compostela.

-Día: sábado 15 de marzo de 2025

-Hora: primeira convocatoria, ás 10.00 h; segunda convocatoria, ás 10.30 h

-Lugar: Espazo Apego (rúa República do Salvador, 12, 15701 Santiago de Compostela)

Orde do día

  1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
  2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
  3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión
  4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
  5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio
  6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
  7. Rolda aberta de intervencións

Documentación para a asemblea

Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.

Antes diso, e tamén antes da asemblea, os/as socios/as poden remitir ao enderezo info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.

Descarga aquí a documentación para a asemblea

  1. Convocatoria da asemblea do 15 de marzo de 2025, en .pdf
  2. Acta da asemblea do 9 de marzo de 2024, en .pdf
  3. Informe-memoria de xestión 2024-2025, en .pdf
  4. Informe de contas 2024-2025, en .pdf
  5. Proposta de plan de acción para 2025-2026, en .pdf

Aviso: a documentación que estará dispoñible no web non se vai repartir impresa durante a Asemblea, para evitar un gasto de papel que adoita ser innecesario. Os/As socios/as que a necesiten para seguir os debates deben levala o día 15 de marzo en formato dixital ou impreso.

Información sobre o paseo lingüístico

Xantar de confraternización lingüística

O mesmo día da Asemblea da CTNL teremos no restaurante O Dezaseis un xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.

• Lugar: casa de xantar O Dezaseis (rúa de San Pedro, 16, Compostela)

• Hora: 14.15 h

• Prezo: 33 euros

• Menú:

Entrantes:

  • Lacón á feira con queixo Galmeán
  • Ensalada con ventrecha de bonito
  • Salteado de verduriñas e rulo de cabra

Segundo prato a escoller entre:

  • Bacallau con mollo de pemento de piquillo
  • Segredo de porco á grella con redución de viño Mencía

Sobremesa variada da casa

D.O. Ribeiro/D.O. Ribeira Sacra (dúas copas de viño por persoa)

Auga e café

Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar e a indicación da escolla do segundo prato o máis axiña posible e, en todo caso, até o 10 de marzo, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.

Paseo lingüístico Compostela e as orixes da lingua

Compostela e as orixes da lingua é un paseo lingüístico que ofrece unha andaina sobre as orixes de Santiago de Compostela e a súa relación coa lingua galega.

Durante dúas horas e facendo doce paradas poderase descubrir como naceu o galego e aspectos relevantes en canto ao léxico, á pronuncia, ao status social… A ruta comeza na praza da Pescadería Vella, remata na de San Fiz de Solovio e apóiase en diferentes recursos para facilitar a contextualización e a audición.

Repartiranse radioguías para facilitar a audición e é recomendable que cada persoa leve auriculares propios.

  • Lugar de inicio: Praza da Pescadería Vella
  • Hora de inicio: 17.00 h
  • Duración: aprox. 2 horas

Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia até o 10 de marzo, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio