E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua, queremos facelo xa o mesmo día da asemblea xeral 2016 e queremos facelo de dúas maneiras…
…CON MÚSICA E FESTA, NUNHA SESIÓN VERMÚ COA PUNKESTRA CHUMEIRAS
- Día: sábado 20 de febreiro.
- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán.
- Hora: a partir das 13.00 h.
…CUN XANTAR DE 20 ANIVERSARIO
- Día: sábado 20 de febreiro.
- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán.
- Hora: 14.30 h.
- Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).
- Prezo: 20 euros.
- Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 16 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629 571 950.
ASEMBLEA XERAL DA CTNL
- Día: sábado 20 de febreiro de 2016.
- Hora da primeira convocatoria: 10.00 h.
- Hora da segunda convocatoria: 10.30 h.
- Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela).
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio
7. Elección de nova Xunta Directiva
8. Rolda aberta de intervencións
Elección da Xunta Directiva
Segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (até o mércores 17 de febreiro, ás 10.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura completa por correo electrónico a info@ctnl.gal, na que deberán figurar os nomes, apelidos e
números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre contando co visto e prace desas persoas.