As XI Xornadas Lingua e Usos analizan o papel da universidade na normalización lingüística

A undécima edición das Xornadas de Lingua e Usos teñen lugar na Coruña do 26 ao 28 de novembro de 2014 e centran o seu programa en analizar a política lingüística da Universidade da Coruña e o papel das universidades no proceso de normalización da lingua galega

Un ano máis o Servizo de Normalización Lingüística da UdC, co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza as Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano alcanzan a súa undécima edición.

DÍAS: 26, 27 e 28 de novembro de 2014

LUGAR: sala do Consello de Goberno, Reitoría da UdC, A Maestranza. A Coruña

INSCRICIÓN: ata o 21 de novembro, de balde, a través do seguinte formulario

Está solicitado un crédito de libre configuración para o alumnado da UDC que asista a esta actividade.

PROGRAMA

Mércores 26 de novembro

9.30 – 10.00 Recepción e entrega de documentación

10.00 – 10.45 Inauguración oficial

10.45 – 12.00 Conferencia inaugural: Ensinar e investigar en galego na universidade: legalidade e dificultades

-Alba Nogueira López, profesora da Facultade de Dereito da USC

12.00 – 12.30 Descanso

12.30 – 14.00 Balance de 25 anos da presenza do galego na UDC

-Carlos Amoedo Souto, secretario xeral da UDC

-Xosé Ramón Freixeiro Mato, director do SNL da UDC

16.30 – 17.30 A política lingüística da Universidade do País Vasco

-Xabier Etxaniz Erle, vicerreitor de éuscaro da UPV

17.30 – 19.00 A política lingüística na UDC a debate

-Esperanza Acín Villa, profesora da Facultade de Filoloxía

-Antón Álvarez Sousa, decano da Facultade de Socioloxía

-Ernesto Vázquez-Rey Farto, alumno da Facultade de Dereito

-Nuria Vieira Sousa, presidenta da Xunta de Persoal

19.00 – 19.30 Descanso

19.30 – 21.00 Mesa redonda: A experiencia das Comisións de Normalización Lingüística dos centros da UDC

-Camilo Blanco Pampín, alumno da Escola de Arquitectura

-Ana Iglesias Galdo, decana da Facultade de Ciencias da Educación

-María Prol Conde, xefa de negociado de Asuntos Económicos da Facultade de Economía e Empresa

-Ramón Yáñez Brage, profesor honorario da Escola Politécnica Superior (campus de Ferrol)

Xoves 27 de novembro

10.00 – 11.30 As políticas lingüísticas nas outras universidades galegas

-Xavier Martínez Cobas, comisionado do reitor, UVigo

-Manuel Núñez Singala, director do SNL da USC

11.30 – 12.00 Descanso

12.00 – 14.00 Mesa redonda: A dinamización lingüísticas nas universidades galegas

-José Felipe Fernández López, técnico do arquivo universitario da UDC

-Marcelino Maneiro Maneiro, profesor da Facultade de Ciencias da USC

-Belén Poutón Reboredo, alumna da Universidade de Vigo

-Isabel Vaquero Quintela, técnica do SNL da USC

16.30 – 17.30 A política lingüística das universidades catalás

-Conxa Planas Planas, directora de Serveis Lingüístics da Universitat de Barcelona

17.30 – 18.30 A Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística: balance crítico

-Goretti Sanmartín Rei, profesora e exdirectora do SNL da UDC

18.30 – 19.00 Descanso

19.00 – 20.30 Mesa redonda: O galego na ciencia: investigar e ensinar en galego

-Marilar Aleixandre, escritora e profesora da Facultade de Educación da USC

-Renée DePalma Ungaro, profesora da Facultade de CC. EE. da UDC

-Cibrán Santamarina Ríos, profesor da Facultade de Física da USC

-Ramón Vilalta López, profesor de ensino medio e autor do Dicionario de Química

Venres 28 de novembro

10.00 – 11.00 O compromiso social das universidades na normalización lingüística

-Filipe António Diez, exalumno da UDC e profesor de ensino medio

-Nel Vidal Barral, presidente da CTNL e técnico de NL no Concello de Carballo

11.00 – 12.30 Mesa redonda: O traballo técnico nos servizos de normalización lingüística universitarios

-Manuel Bermúdez Blanco, técnico do SNL da USC: Asesoramento lingüístico

-Marisol Ríos Noia, técnica do SNL da UDC: Elaboración de manuais e outros materiais

-Cristina Rodríguez Ricart, técnica do SNL da UVigo: A formación lingüística

-Xusto Rodríguez Río, técnico do SNL da USC: A terminoloxía

12.30-13.00 Descanso

13.00 – 14.00 Conferencia de clausura: Achega cuantitativa sobre o futuro do galego. A universidade como proa na súa normalización

-Jorge Mira Pérez, director do Departamento de Física Aplicada da USC

14.00 Acto de clausura

Información completa no web do SNL da UdC >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio