Coa coordinación xeral de Henrique Monteagudo, da USC, a coordinación de prácticas de Goretti Sanmartín, da UdC, e a coordinación de recursos de apoio á docencia de Anxo Lorenzo, da USC, desenvolverse por primeira vez no curso académico 2008/2009 o Mestrado Interuniversitario de Política Lingüística e Planificación da Lingua.
Este mestrado terá unha distribución total de 60 créditos (+ 6 do módulo de adaptación) para ministrar nun curso académico. Ofrécense dúas modalidades: profesional (orientada á práctica profesional) e académica (que equivale ao DEA, e abre a posibilidade de realizar unha tese de doutoramento).
As sesións formativas presenciais terán lugar nas tres universidades e para moitas das sesións recorrerase á teledocencia e ás aulas virtuais.
O mestrado constará de cinco módulos: un de adaptación (para participantes que non teñan a licenciatura en Filoloxía Galega ou equiparábel); un módulo xeral de política lingüística, planificación e lexislación; un módulo sobre a situación social do idioma galego; un módulo sobre a planificación do corpus; e un módulo sobre a planificación do estatus, a xestión e a dinamización. Ademais, haberá prácticas e memoria (para a modalidade profesional) e traballo de investigación (para a modalidade académica).
O profesorado será principalmente universitario e estará formado por membros das tres universidades; entre eles: Henrique Monteagudo, Goretti Sanmartín, Anxo Lorenzo, Alba Nogueira, Xaime Subiela, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Pilar García Negro, Xosé Manuel Sánchez Rei, Ernesto González Seoane, Francisco Fernández Rei, Xosé María Gómez Clemente, Iolanda Galanes, Xavier Guinovart, Xosé Antón Fernández Salgado ou Francisco Dubert.
A docencia ministrarase as tardes dos martes, mércores e xoves, desde outubro a maio (ambos os dous incluídos), e en módulos de dúas horas (de 16.30 h a 18.30 h e de 18.30 h a 20.30 h).
O prazo para inscribirse comezará o 1 de xullo e a información estará dispoñíbel proximamente no web dos programas oficiais de posgrao da USC.
Programa completo no arquivo anexo (.pdf)