MODALIDADES
O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente
- CAMPAÑA NORMALIZADORA: deseño dunha campaña que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica, a estimación orzamentaria, etc.
O premio: 2.000 euros - IDEA PARA A PROMOCIÓN DO GALEGO: idea que explique razoadamente unha proposta que teña por obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. O premio: 1.000 euros
PRAZO
Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 9 de novembro de 2012 (ás 14.00 h).
Bases e información completa aquí >