Entón, podemos contar contigo?
Para iso, para mellorarmos ou desenvolvermos algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses, imos crear unha serie de grupos de traballo, algúns máis e outros menos concretos, algúns máis e outros menos puntuais, nos que te convidamos a participar:
- Proposta para maior visibilización da lingua nas Letras: para falar e desenvolver unha proposta coa que a lingua, e o seu futuro en todos os ámbitos, teña un maior protagonismo nas programacións das Letras Galegas. Este é un grupo temporal e bastante urxente…
- Planificación das accións de peche de Gústame o galego: para a convocatoria e difusión dun concurso de canción de Gústame o galego e, despois, o videoclip e as accións de peche desta campaña.
- Xornada de transmisión de ideas para o futuro da lingua: para planificar esta xornada, propor contidos e nomes, ideas de organización e desenvolvemento, etc.
- XI Curso de verán de dinamización lingüística. Cambio e afianzamento lingüístico na mocidade: para propor ideas, dinámicas, contidos e nomes para o programa.
- Agasallo.eu: para propor ideas, melloras, etc., neste proxecto de propostas de regalos en galego.
- Como cho digo ;-): para propor ideas, melloras, etc., neste proxecto e planificar unha maior difusión e implicación de persoas, entidades e medios
Cada un destes grupos será coordinado por unha persoa, e nel poden participar todas as que se anoten. Cada grupo poderá ter un funcionamento distinto, a súa propia dinámica, mais, en xeral, aínda que haxa algunha xuntanza física, a idea é que boa parte do traballo se faga a través do correo electrónico, intercambiando ideas, propostas, tarefas, etc. E o tempo que lle dediques será o que ti queiras ou poidas dedicarlle…
Que, anímaste?
Pois entón cubre e envía este formulario ata o 19 de marzo indicando en que grupo(s) queres participar e así xa comezas a formar parte del.
Veña, que entre todas e todos faremos que estes proxectos saian ben! ;-)