As razóns do galego. Apelo á cidadanía. Presentación do libro de Henrique Monteagudo

A sociedade galega atópase perante un dilema crítico para o porvir: o abandono ou a promoción do seu idioma propio. Para intervir neste debate, Henrique Monteagudo publica este libro, "As razóns do galego. Apelo á cidadanía", con compilación de escritos e artigos, que se presentará o xoves 29 de outubro ás 20.00 h na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Neste volume recóllense escritos e artigos do profesor Henrique Monteagudo arredor da situación actual do idioma galego e dos debates sociais sobre a lingua e as súas expectativas de futuro. Ao carácter divulgativo e reflexivo dos ensaios, engádese o ton deliberativo e polémico dos artigos, publicados na edición de Galicia do xornal El País. En definitiva, formúlase un apelo á conciencia civil, nun intre crítico para o futuro da lingua galega.

PRESENTACIÓN

DÍA: xoves 29 de outubro

HORA: 20.00 h

LUGAR: Biblioteca Ánxel Casal. Avda. de Xoán XXIII. Santiago de Compostela

PARTICIPAN: Vítor F. Freixanes, Xosé Hermida e Henrique Monteagudo
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio