As artes como colaboradoras necesarias na normalización lingüística, a debate nos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística
Arte e lingua como ferramentas de construción masiva é o subtítulo dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, que ten como fin analizar o papel das artes no proceso de normalización da nosa lingua. Nos primeiros días de outubro estarán dispoñibles catro vídeos de avance dos contidos que se abordarán na sesión presencial do o 20 de outubro. A incrición nesta xornada presencial está aberta.
A vixésimo cuarta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística busca analizar o papel das artes no proceso de normalización da lingua co obxectivo de tecer redes no sector e potenciar a lingua de xeito cooperativo.
A sesión pesencial, que se desenvolverá na mañá e na tarde do 20 de outubro, incluirá catro mesas de debate onde se abordarán diferentes disciplinas artísticas con persoas referentes:
1) Teatro, música e danza
2) Cómic, ilustración e muralismo
3) Humor, circo e artesanía
4) Videocreación, cinema e poesía
Con anterioridade a esta sesión presencial difúndense catro pezas audiovisuais realizadas por Fran da Lobeira A Lobeira Today e Nee Barros Neeumatiko , onde ambos os comunicadores conversan coas persoas convidadas de cada mesa de debate como adianto dos temas que tratarán o 20 de outubro.
Os XXIV Encontros para a Normalización Lingüística finalizarán cunha proposta artística de improvisación oral.
PROGRAMA
20 DE OUTUBRO
10:00 horas: inauguración
10:30 horas: PALESTRA ARTE-LLANDO (TEATRO, MÚSICA e DANZA)
Presentes referentes
A arte como construtora da nación: análise da situación das artes en Galicia e a súa potencialidade para crear identidade empregando a nosa lingua.
– Quico Cadaval
– Guadi Galego
– Montse Rivera
Divulgación: Fran da Lobeira. A Lobeira Today (ligazón á peza audiovisual)
Moderación: Manuel Maseda
12:00 horas: PALESTRA ARTE-FACTO (CÓMIC, ILUSTRACIÓN e MURALISMO)
Paredes que falan. Muros que non separan
Colaboración entre disciplinas artísticas para lograr un maior impacto: análise das vías de cooperación e coordinación para que a nosa arte e lingua teñan unha maior presenza social.
– Kiko da Silva
– Laura Romero
– Yoseba Muruzábal
Divulgación: Fran da Lobeira. A Lobeira Today (ligazón á peza audiovisual)
Moderación: Anxos Sobriño
16:00 horas: PALESTRA ANIM-ARTE (HUMOR, CIRCO e ARTESANÍA)
O benestar emocional, a arte e a lingua
Valoración da idea do poder curativo da arte, tanto a nivel emocional como identitario. A importancia do benestar emocional despois de dous anos de pandemia.
– Xosé Antonio Touriñán
– Natalia Outeiro “Pajarito”
– Elena Ferro
Divulgación: Nee Barros. Neeumatiko (ligazón á peza audiovisual)
Moderación: Bernardo Penabade
17:30 horas: PALESTRA ARRIM-ARTE (VIDEOCREACIÓN, CINEMA e POESÍA)
100 anos do manifesto Máis alá. A lingua, unha ferramenta ao servizo da vangarda
Achegamento á vangarda actual e rememoración dos 100 anos do manifesto de Manuel Antonio.
– Ángeles Huerta
– Adrián Canoura
– Alba Cid
Divulgación: Nee Barros. Neeumatiko (ligazón á peza audiovisual)
Moderación: David Cobas
19:00 horas: CLAUSURA
Actuación de peche das regueifeiras Lupe Blanco e Olaia Liñares
Presentación: Marta Souto
INSCRICIÓN
A inscrición nos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta a través do formulario desta páxina.
O número de prazas é limitado. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
Conclusións dos XXIV Encontros para a Normalización Lingüística, en .pdf