Segundo a referencia do Consello da Xunta, (páxina 20), o investimento será dun máximo de 602.668 euros para realizar actividades en materia de normalización lingüística nas entidades locais de Galicia en 2009.
A achega da Xunta de Galicia vaise destinar a financiar a prestación de servizos de normalización lingüística por parte das entidades locais e á organización de programas de dinamización lingüística.
Ao abeiro deste convenio poderán financiarse os gastos en que tivesen incorrido os servizos locais de normalización lingüística destinatarios, como consecuencia da realización das actividades de fomento do galego previstas, aínda que se teñan efectuado con anterioridade á sinatura do acordo, pero sempre que se trate de gastos correspondentes ao actual exercicio económico
Nos vindeiros días, a Fegamp porase en contacto cos concellos que teñan servizos de normalización para formalizar convenios e para que estes acheguen a documentación antes do 14 de decembro.
Apróbase o convenio de colaboración entre a Consellaría de Educación e a Fegamp para o fomento do uso do galego na Administración local
O Consello da Xunta de Galicia vén de aprobar, na reunión do 3 de decembro, un convenio de colaboración entre a Consellaría de Educación e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o fomento e o uso do galego na Administración local neste ano que remata dentro de 4 semanas.