Aprobamos as liñas de traballo para este 2023

O sábado pasado, 4 de marzo, tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobamos as liñas de acción para seguirmos #traballandoenlingua neste 2023.



O sábado pasado tivo lugar a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita anual para dar conta do traballo realizado durante o exercicio pasado e para aprobar as accións que se levarán a cabo durante o actual.

Liñas de acción para 2023

Como é habitual, na asemblea avaliouse o traballo desenvolvido durante o último ano e aprobáronse as liñas de acción para 2023, que incluirán actividades consolidadas, coma o LGx15, os Premios Mil Primaveras ou o proxecto Agasallo.

Tamén se levarán a cabo accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión das convocatorias de prazas e axudas, información sobre accións para a mellora do uso e prestixio da lingua etc.

Coñecermos a opinión de socias e socios

Unha das accións que se aprobou é o envío dunha consulta ás persoas asociadas da CTNL, para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, coa dobre finalidade de renovar o web e mellorar a colaboración coas persoas que formamos parte da CTNL.

Lixeira suba de cotas anuais

Outro dos acordos que se adoptou nesta asemblea foi unha suba de 5 euros na cota anual de socios/as, que por tanto pasan a ser de 30 euros a cota xeral e 20 euros a cota reducida (para estudantes e desempregadas/os). É a primeira vez, tras 27 anos de existencia, que a CTNL sobe as cotas, co obxectivo de ter máis liquidez para desenvolver sen problema as actividades programadas ao longo do ano.



Liñas de acción para 2023, en .pdf


VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio