asembleactnl2025a

Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2025

Na Asemblea Xeral ordinaria da CTNL correspondente a 2025, que tivo lugar o 15 de marzo en Compostela, aprobáronse as […]

Na Asemblea Xeral ordinaria da CTNL correspondente a 2025, que tivo lugar o 15 de marzo en Compostela, aprobáronse as liñas de acción para este ano.

Accións para o cumprimento dos fins da asociación

Por unha parte, difundiranse as convocatorias de novas prazas de técnico/a de normalización lingüística e faranse propostas para aumentarmos a rede de servizos de normalización lingüística, tan necesarios para traballar na promoción da lingua en todos os ámbitos sociais. Así mesmo, continuarase a difusión de accións de normalización lingüística e de proxectos modélicos a través dos Premios Mil Primaveras, que pecharán a súa sexta edición e abrirán unha sétima despois do verán.

En relación coas propostas formativas, aprobouse realizar un curso sobre redacción e xestión de proxectos de normalización lingüística, que se desenvolverá probablemente á volta do verán. Tamén colaboraremos coa nova edición dos Encontros para a Normalización Lingüística do Consello da Cultura Galega.

Accións para a mellora do proceso de normalización lingüística

Farase un seguimento da política lingüística da Xunta de Galicia e das entidades locais, con especial detalle na revisión do PXNLG. E contactarase coas universidades para proporlles unha maior difusión entre o alumnado das posibilidades profesionais como técnicos/as de normalización lingüística.

Continuaremos cos nosos proxectos consolidados, coma o LGx15, os Premios Mil Primaveras ou o proxecto Agasallo, alén do programa de difusión #VeránLingua. E procurarase actualizar o Manual de xestión administrativa elaborado en 2011, para adaptalo á nova lexislación.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio