Aprobadas as liñas de acción da CTNL para 2019
O pasado 9 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL. Nela aprobáronse as liñas de acción para este ano 2019.
O sábado pasado tivo lugar a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita para dar conta do traballo desenvolvido durante o ano pasado e para aprobar o que se intentará levar a cabo durante o 2019.
Como é habitual, na asemblea avaliouse o traballo desenvolvido durante o último ano e aprobáronse as liñas de acción para os vindeiros meses, que incluirán actividades como o LGx15, accións formativas, seguimento da política lingüística das institucións, difusión de accións para a mellora do uso e prestixio da lingua, etc. Entre as novidades está a convocatoria dun premio para valorar, recoñecer e difundir accións, campañas, programas e proxectos que teñen como obxectivo principal a posta en valor e o fomento da lingua e a procura do incremento do seu uso e/ou prestixio.
Liñas de acción para 2019, en .pdf