Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo

O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 7 de xuño de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 31 de marzo de 2016.

Este texto do Concello de Teo, como moitos outros que están en vigor en arredor de 40 concellos de todo o país, declara o galego como lingua propia e oficial do Concello, lingua que a Administración municipal debe usar por defecto, tanto oralmente como por escrito, en todas as súas actuacións e comunicacións.

Ao longo dos seus 15 capítulos e 24 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións con empresas privadas; no persoal ao servizo da administración; na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios; etc.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 23), e indícase que debe ser “estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais”, e fixa as súas funcións para a aplicación da ordenanza e as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.

Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, en .pdf

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio