Aprobada a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada

O Concello da Estrada acaba de aprobar a súa Ordenanza municipal de normalización lingüística. Tras o período de información pública do texto, aprobouse definitivamente e publicouse no BOP de Pontevedra de hoxe.



O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 9 de abril de 2018 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada.

Este texto do consistorio estradense declara o galego, como lingua propia propia do Concello da Estrada, idioma oficial de uso do Concello. Daquela, será o idioma que empregará en todas as súas actuacións administrativas, na documentación interna e de relación coa cidadanía, na comunicación social, e nas relacións con todas as entidades situadas en Galicia, alén do seu uso tamén, xunto co castelán, con institucións públicas de fóra do ámbito lingüístico galego.

Este texto legal ten ten 26 artigos distribuídos en 12 capítulos, ademais dun anexo que recolle a toponimia oficial do municipio. Ao longo do articulado, regúlase o uso oficial do galego, o ámbito de aplicación, o uso do galego na organización municipal, as relacións coas/cos administradas/os, as relacións institucionais, os avisos, publicacións e actividades públicas, a atención ao público, a toponimia, sinalización e rótulos, a selección, provisión e reciclaxe de persoal, e o fomento do uso do galego.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)

O artigo 2.4 recolle que o Concello da Estrada “manterá un servizo de normalización lingüística co obxectivo de dar pulo á normalización do galego”. As funcións deste servizo veñen recollidas ao longo do articulado: función de asesoramento lingüístico (art. 15), asesoramento na selección de persoal (art. 23), formación sociolingüística (art. 24) e dinamización lingüística (art. 26).

Na actualidade o Concello da Estrada ten aberto un proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización lingüística.

Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello da Estrada, en .pdf
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio