Aprobada a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo

No BOP de Lugo de onte, 14 de setembro, publicouse a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo.

O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 14 de setembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo.

O texto ten 23 artigos que se reparten en 14 capítulos. Regula o uso oficial da lingua, a rotulación, a atención ao público, a documentación e atención administrativa, as accións informativas e formativas, a calidade lingüística, as relacións con outras administracións, o SNL, etc.

O servizo de normalización Lingüística (SNL)

Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22): indícase que debe ser “estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización, procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito provincial e coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”.

Alén disto, fixa as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico e deseño dun programa de colaboración e axudas para a creación de SNL nos concellos da provincia.

Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación de Lugo, en .pdf (oito primeiras páxinas)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio