Apoio á produción de contidos interactivos en galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións a empresas para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega, para proxectos anuais ou bianuais. O prazo de solicitude está aberto até o 8 de maio

A contía total destinada a estás subvencións é de 350.000 euros, dos cales 150.000 euros corresponden á anualidade de 2010 e 200.000 euros á de 2011.

A convocatoria completa está publicada no DOG do 8 de abril de 2010.

Modalidades:

1. Proxectos de desenvolvemento de contidos interactivos: axuda máxima por proxecto de 15.000 euros (en todo caso, non poderá superar o 50% dos custos do proxecto)

2. Proxectos de produción de contidos interactivos: axuda máxima por proxecto de 90.000 euros (en todo caso, non poderá superar o 40% dos custos do proxecto)

Beneficiarios: persoas físicas ou xurídicas constituídas legalmente como empresas, con sucursal ou oficina permanente en Galiza.

Pódense descargar aquí os anexos editábeis dispoñíbeis na web da Guía do Cidadán da Xunta de Galicia (código: CT 208A)

Convoca: Agadic
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio