Anímate a xogar no Scrabble.gz
Logo do seu Trivial.gz, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega vén de presentar un novo xogo para entretérmonos na rede, o Scrabble.gz, un xogo de mesa xa clásico que consiste en crear palabras entrelazadas, como se dun encrucillado se tratar, e colocalas sobre un taboleiro de tal maneira que se consiga a máxima puntuación posíbel.
O Scrabble.gz está dispoñíbel na actualidade no enderezo web http://www.as-pg.com/scrabble.gz, mais tamén se pode acceder a el a través da páxina principal do portal web da AS-PG en http://www.as-pg.com