AnimaLingua: granxa-escola para o galego do Concello de Santiago

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela organiza unha granxa-escola en lingua galega, AnimaLingua, para nenas e nenos dese concello que terá lugar durante dúas semanas en Silleda.

25 rapaces e rapazas, de idades comprendidas entre os 8 e os 11 anos, poderán participar neste programa, que se desenvolverá do 1 ao 13 de agosto.

Serán 13 intensos días repletos de actividades de granxa, horta e invernadoiros, forno, talleres, excursións e xogos, que se desenvolverán sempre traballando coa lingua.

Alí haberá obradoiros de todo tipo (artesanía, transformación de alimentos, coidado da horta, coidado de animais, etc.) que convivirán co traballo dos contidos lingüísticos para reflexionar sobre a situación da lingua, para superar os prexuízos, etc.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio