O proxecto desenvolverase entre o 17 e o 26 de agosto na granxa escola Fervenza do Toxa (Silleda) e o prazo de inscrición é do 15 ao 24 de xullo.
O programa está repleto de actividades de granxa, horta e invernadoiros, forno, talleres, excursións, actividades de transformación e moitos xogos. Todas as actividades traballaranse cun contido lingüístico e de reflexión, coa finalidade de remover atrancos e de superar prexuízos respecto ao idioma galego.
Pode achar máis información nesta ligazón.
Animalingua. Granxa escola en Compostela
O Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago organiza a segunda edición da granxa-escola AnimaLingua, iniciativa didáctica de dinamización lingüística no tempo libre dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 11 anos.




