Se unha maratón deportiva ten 42 quilómetros, a maratón Alumea a túa lingua! Vigo en galego ten 42 actividades, que comezaron xa en febreiro, cando se prendeu o facho, e que rematarán o día en que Cantares Gallegos cumpre 150 anos, o 17 de maio.
E entre as 42 accións podemos atopar un pouco de todo… Un certame de regueifas, lecturas nos mercados, exposición arredor de Rosalía, charlas, contacontos, unha maratón musical, regueifadas, o concerto Rosalía 21 con Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira, obradoiros de hip hop a partir dos versos de Rosalía, animación de rúa, concerto de Aid, distribución de poemas de Rosalía en 50 linguas, e moito, moito máis!
Podes descargar o programa completo en .pdf aquí >
Alumea a túa lingua! Maratón de 42 accións en Vigo arredor de Rosalía
O Concello de Vigo, a través do seu SNL, organiza a maratón de actividades Alumea a túa lingua!, para conmemorar o 150 aniversario da publicación en Vigo dos Cantares Gallegos de Rosalía. Concertos, charlas, recitais, festa, animación, etc., encherán de lingua espazos de Vigo ata o mes de maio