Agasallos de Nadal en galego

Coa chegada do Nadal, andamos ás voltas cos agasallos que temos que facer aos nosos. Para iso, son varias as iniciativas que andan a escolmar diferentes produtos para mercar en galego. Unha delas é o catálogo do o CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral, orientado aos máis novos.

Este catálogo recolle xoguetes e outras ideas para agasallar este Nadal co nexo común de estaren en galego e tamén indica onde podemos compralos. Esta é a primeira edición do catálogo, aínda que os autores agardan sacalo anualmente.

Coa mesma idea parte a iniciativa “Agasallos en galego para @s moz@s” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un espazo web con diferentes produtos á venda para os máis mozos, dende filmes a móbiles, reprodutores MP3…
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio