Actualidade

O Concello da Coruña busca técnico/a de normalización lingüística

O Concello da Coruña quere contratar con carácter urxente e temporal un técnico ou unha técnica de normalización lingüística. Para iso, están pedindo currículos de licenciados/as en Filoloxía Galega a través do Servizo Galego de Colocación. Entón, as persoas interesadas deben estar inscritas como demandantes de emprego e deben dirixirse o máis axiña posíbel a ese SGC para indicar que están interesadas na oferta do Concello da Coruña e solicitar que se lle envíe o currículo.

Xornada Xustiza e lingua: Reflexións para a normalización

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago organiza a xornada Xustiza e lingua: reflexións para a normalización, que terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 8 de novembro cos obxectivos de reflexionar sobre o proceso de normalización que se está a vivir no ámbito da xustiza; ofrecer experiencias positivas e novas perspectivas que favorezan o uso normal da lingua galega no exercicio xurídico; analizar o marco xurídico da lingua galega desde unha visión interpretativa; e abordar o nivel de incidencia das accións encamiñadas a asentar e potenciar a terminoloxía xurídica galega.

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio