Achégate ao galego: cursos básicos de lingua galega en Vigo

O SNL de Vigo desenvolve o programa de actuacións "En galego tamén noutros mundos" que iniciou cunha festa multicultural en novembro de 2009 e que continúa con diversa propostas en 2010. Desta volta, dentro deste programa, organizan cursos básicos de galego para persoas chegadas de fóra do país

Cunha perspectiva de multiculturalidade e diversidade pretenden que a lingua galega sexa para as persoas de orixe estranxeira outro factor máis de integración na sociedade viguesa ao mesmo tempo que a cidadanía coñece as diferentes culturas e linguas que chegaron até nós polo vieiro da inmigración.

Con ese motivo organizan uns cursos básicos de lingua galega que permitan un achegamento á lingua e á cultura galega de xeito progresivo e adaptado ás necesidades do alumnado. O obxectivo é facilitar a integración da poboación de orixe estranxeira a través dunhas nocións básicas para a comprensión oral e escrita, e para a fala, ademais de dar a coñecer a historia e situación de Galiza.

Haberá dous cursos que terán lugar no Instituto Castelao (Aragón, 22. Calvario):

CURSO A

-Para alumnado matriculado na ESO e Bacharelato

-Martes, mércores e venres de 17.45 h a 20.45 h

CURSO B

-Para persoas adultas

-Martes e mércores de 20.00 h a 22.15 h e venres de 20.00 a 21.45 h

Máis información no SNL do Concello de Vigo
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio