Achégate ao galego. Curso de lingua para novos/as galegos/as en Vigo

Dentro do programa "En galego tamén noutros mundos", o SNL de Vigo desenvolve un novo curso básico de galego para persoas chegadas de fóra do país. O curso terá lugar durante os meses de xaneiro e febreiro de 2011

O SNL de Vigo desenvolve o programa de actuacións “En galego tamén noutros mundos” que iniciou cunha festa multicultural en novembro de 2009 e que continuou con diversa propostas en 2010.

Cunha perspectiva de interculturalidade e diversidade pretenden que a lingua galega sexa para as persoas de orixe estranxeira outro factor máis de integración na sociedade viguesa ao mesmo tempo que a cidadanía coñece as diferentes culturas e linguas que chegaron até nós polo vieiro da inmigración.

Con ese motivo, o SNL de Vigo ideou un curso básico de lingua galega que permita un achegamento á lingua e á cultura galega de xeito progresivo e adaptado ás necesidades do alumnado. O obxectivo é facilitar a integración da poboación de orixe estranxeira a través dunhas nocións básicas para a comprensión oral e escrita, e para a fala, ademais de dar a coñecer a historia e situación de Galiza.

O vindeiro curso terá lugar no Instituto Santa Irene (Praza de América s/n)

Comezo: 24 de xaneiro

Finalización: 17 de febreiro

Número de horas: 24 horas

Horario: luns, mércores e xoves de 20.00 a 22.00 horas

Destinatarios: poboación de orixe estranxeira, emigrantes retornados e poboación de fóra da nosa comunidade

Grupo mínimo de 12 persoas

Información e inscricións:

Servizo de Normalización Lingüística

Tfno. 986 810 281

correo: ofi.normalizacion2@vigo.org
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio