Desde a CTNL queremos agradecerlles ás arredor de 150 persoas asistentes á Xornada de análise e avaliación dos Celga a súa participación, que fixo posible o bo desenvolvemento e o aproveitamento do encontro que tivo lugar o xoves 28 de xuño.
Aquí pódense ver algunha imaxes da xornada >
Desde a CTNL cremos que coas achegas presentadas e os debates que se produciron poderase complementar e revisar a proposta base para a mellora do sistema dos Celga que se presentou na propia xornada, e intentar que a Administración a teña en conta.
Como se indicou ao final do encontro, e na procura de que non queden ideas e achegas sen comentar que poidan ser de interese, ábrese un prazo para que todas as persoas que queiran poidan enviar comentarios, ideas e achegas que complementen as que xa se trataron na xornada, coa finalidade de ampliar e mellorar a proposta. Entón, pódense enviar ao enderezo electrónico info@ctnl.org ata, como máximo, o día 8 de xullo.
Achegas e imaxes da Xornada de análise e avaliación dos Celga
Desde a CTNL queremos agradecer a todas as persoas asistentes á Xornada de análise e avaliación dos Celga a súa participación, que fixo posible o bo desenvolvemento e aproveitamento. Publicamos aquí algunhas imaxes e abrimos un prazo de envío de achegas á proposta base para a mellora dos Celga