Abertos ao Galego preséntase como proxecto para promover o galego no ámbito empresarial

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten o obxectivo de dinamizar e promover a presenza do galego no ámbito empresarial. Este mércores 26 de outubro preséntase nun acto en Compostela

Abertos ao Galego organiza un acto de presentación do proxecto o próximo mércores (cuarta feira) 26 de outubro ás 20.30 horas no Restaurante O Dezaseis

Abertos ao Galego é un proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística que ten o obxectivo de dinamizar e promover a presenza do galego no ámbito empresarial.

Na presentación van intervir:

– Laura Insausti, de Ela Diz (tenda de Santiago de Compostela);

– Carlos Cota, da libraría Aira das Letras de Allariz,

– Julio Peinó, de 1D2 Arquitectos (da Coruña)

– Iria Taibo, secretaria xeral da Mesa responsábel de Abertos ao Galego,

– Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (entidade promotora de Abertos ao Galego)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio