Desde 1991 a Xunta de Galicia viña mantendo unha liña de subvencións para a creación e mantemento de servizos de normalización lingüística municipais e para a realización de campañas de normalización desde os concellos, mais neste ano 2008 a convocatoria de subvencións –feita pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza con fondos do orzamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística– deixa de prever o financiamento do mantemento dos SNL, e só prevé a creación de novos departamentos ou a contratación de novo persoal, pero non o financiamento do persoal xa existente.
Por esta razón, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) considera que isto supón un claro retroceso con respecto a anos anteriores, pois debido á inestabilidade, precariedade e dependencia de subvencións destes gabinetes deixalos de financiar pode provocar a desaparición dalgúns SNL existentes en concellos galegos.
Desde a CTNL fixéronse diversas propostas de mellora para esta liña de subvencións, que se lles fixeron chegar tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística como á Consellería de Presidencia en repetidas ocasións (febreiro de 2008, novembro de 2007, xuño de 2007, etc.), mais a convocatoria deste ano, lonxe de ser, en xeral, un avance con respecto a anos anteriores, ten que ser considerada pola CTNL como un claro retroceso, pois non se modificaron as cuestións máis problemáticas de pasadas convocatorias, como a tardanza de publicación (algo do que xa se lle advertiu á SXPL a principios de ano); que a tradución siga a considerarse unha función principal dos SNL, cando a documentación municipal xa debe ser redactada en galego, non noutro idioma e logo traducida polo SNL; que non hai ningún tipo de requisito sobre o tipo de contrato, a categoría laboral, etc., e nin sequera o tipo de contratación é un criterio de puntuación; e que se segue a poñer como requisito que o persoal dos SNL posúa a licenciatura en Filoloxía Galega (galega, galego-portuguesa ou hispánica na sección galego-portugués), cando o traballo en normalización lingüística debe ser moito máis multidisciplinar e non se debe limitar só a coñecementos lingüísticos.
Todo isto coa agravante de que nesta convocatoria se deixa de colaborar no financiamento do mantemento dos SNL xa existentes nas administracións locais galegas.
SOLICITUDE DA CTNL
Por estas razóns, a CTNL solicítalle, unha vez máis, tanto á Secretaría Xeral de Política Lingüística como á Consellería de Presidencia, que se modifique a Orde do 12 de xuño de 2008 pola que se regula a concesión de subvencións ás entidades locais para a normalización da lingua galega (DOG do 24 de xuño) principalmente nos seguintes puntos:
Desde a CTNL considérase imprescindíbel, ademais, que dunha vez se poña en marcha o xa anunciado para 2007 Consorcio para a Planificación Lingüística (que nestes momentos a SXPL ten paralizado) e que tamén dunha vez Política Lingüística asuma a súa función de coordinar o labor dos SNL, até o momento totalmente esquecida.

- Que haxa unha modalidade de axuda para o mantemento dos SNL xa existentes nos concellos galegos.
- Que se axusten as funcións ás propias dun SNL: dinamización lingüística, formación (socio)lingüística e asesoramento lingüístico, co obxectivo do incremento do uso e prestixio da lingua galega en todos os ámbitos do termo municipal (e que, polo tanto, non se considere a tradución como unha das funcións propias dos SNL).
- Que os/as técnicos/as de normalización dos SNL estean en posesión dunha licenciatura (sen limitar esta a filoloxía galega e equivalentes) e que teñan praza ou estean contratados/as coa categoría laboral correspondente a un/unha licenciado/a.
Desde a CTNL considérase imprescindíbel, ademais, que dunha vez se poña en marcha o xa anunciado para 2007 Consorcio para a Planificación Lingüística (que nestes momentos a SXPL ten paralizado) e que tamén dunha vez Política Lingüística asuma a súa función de coordinar o labor dos SNL, até o momento totalmente esquecida.
DOCUMENTOS
- Solicitude enviada pola CTNL (.pdf)
- Convocatoria de subvencións da Xunta a SNL 2008 (.pdf)
- Solicitude da CTNL da convocatoria de subvencións en febreiro de 2008 (.pdf)
- Carta-informe da CTNL enviada á SXPL e á Dirección Xeral de Adm. Local en novembro de 2007 (.pdf)
REPERCUSIÓN NOS MEDIOS
- Sen axudas para técnicos municipais de normalización (A Nosa Terra)
- A Xunta deixa de financiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais e a CTNL pídelle que rectifique (A Mesa)
- Critican que se deixan de financiar os Servizos de Normalización (Galicia Hoxe)
- Junta da Galiza deixa de financiar a manutençom dos Serviços de Normalizaçom Linguística Municipais (SNL) (Portal Galego da Língua)
- A Xunta deixa de financiar o mantemento dos servizos de normalización lingüística municipais (Ciberirmandade)