A Xunta de Galicia convoca sete prazas de titulado/a superior lingüista por concurso-oposición

A Xunta de Galicia publicou no DOG do 27 de decembro a convocatoria do proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas convocadas están sete de titulado/a superior lingüista.

Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a Xunta de Galicia publicou no DOG do 27 de decembro a convocatoria do proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición, entre as cales están sete prazas de titulado/a superior lingüista (persoal laboral do grupo I, categoría 40).

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso-oposición, coas seguintes fases:

Fase de oposición: terá unha puntuación máxima de 60 puntos, e consistirá na suparación de varios exercicios obrigatorios e eliminatorios:

1. Cuestionario tipo test de 160 preguntas (temario publicado no DOG do 22 de decembro de 2022).

2. Desenvolvemento por escrito de dous temas da parte específica do temario, elixidos entre cinco.

Fase de concurso: terá unha valoración máxima de 40 puntos. Valoraranse experiencia profesional e outros méritos.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciatura en Filoloxía Galega ou licenciatura en Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués, ou grao en Lingua e Literatura Galegas.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Inicialmente era de 20 días hábiles desde o día 16 de xaneiro de 2023.

Por mor dunha modificación das bases publicada no DOG do 23 de xaneiro de 2023, o prazo de presentación de solicitudes amplíase até o 17 de febreiro.

Resolución pola que se aproban os temarios, en .pdf (DOG do 22 de decembro de 2022)

Convocatoria das prazas, en .pdf (DOG do 27 de decembro de 2022)

Modificación das bases, en .pdf (DOG do 23 de xaneiro de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio