A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo para solicitalas está aberto até o 2 de xuño.

No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a orde do 6 de abril de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (ED115A).

MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN

1. Creación dun servizo de normalización lingüística.

3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística.

4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.

DESTINATARIOS

-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2017

PRAZO DE SOLICITUDE

-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir, até o 2 de xuño de 2017

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

– As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística

-Poboación

-Consideración estratéxica do SNL

-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua

-Inclusión de formación lingüística

-Continuidade do SNL (só para o mantemento de SNL)

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte

-Mocidade

-Tecnoloxías da información e da comunicación

-Tecido económico empresarial

-Servizos sociais

ORZAMENTO

O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 245.000 euros.

A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí.

ADDENDA:

Resolución da convocatoria (en .pdf), publicada no DOG do 1 de agosto de 2017.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio