A Xunta convoca as subvencións para a promoción da lingua galega dirixidas a entidades locais, para o mantemento e reforzo de SNL

A Consellería de Cultura e Turismo convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega dirixidas ás entidades locais (excluídas as deputacións), nas modalidades de mantemento e reforzo de SNL. O prazo para solicitar estas axudas é dun mes.

No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura e Turismo publicou a orde do 18 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL400A).

MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN

1. Mantemento dun servizo de normalización lingüística

2. Reforzamento dun servizo de normalización lingüística

DESTINATARIOS

-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2020

PRAZO DE SOLICITUDE

-Un mes desde o día seguinte ao da publicación das bases, é dicir, até o 17 de agosto de 2020, dado que o 16 de agosto é inhábil.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

– As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (anexo I da convocatoria).

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-Pertenza á Rede de Dinamización Lingüística

-Poboación

-Consideración estratéxica do servizo de normalización lingüística

-Calidade da programación de dinamización lingüística: implicación doutras entidades, incidencia nos ámbitos prioritarios, adecuación das propostas aos obxectivos de promoción do uso e do prestixio da lingua

-Inclusión de formación lingüística

-Continuidade do SNL

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte

-Mocidade

-Tecnoloxías da información e da comunicación

-Tecido económico empresarial

-Servizos sociais

-Perspectiva de xénero e igualdade

Alén de ser un ámbito prioritario, no artigo 7 tamén se especifica a necesidade de que nas accións e actuacións obxecto de subvención se inclúa o contido transversal de promoción activa da igualdade entre mulleres e homes, a través do uso da linguaxe non sexista, da integración da perspectiva de xénero, do respecto á diversidade e á diferenza, da igualdade de trato e de oportunidades, etc.

ORZAMENTO

O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 100.000 euros.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coa convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remataba o 20 de outubro de 2020. Mais, mediante unha modificación da convocatoria publicada no DOG do 7 de outubro, este prazo pasou a ser o 30 de outubro de 2020.

Orde completa, en .pdf. (DOG do 16 de xullo de 2020)

Modificación da orde, en pdf (DOG do 7 de outubro de 2020)

ADDENDA

Resolución das axudas, en pdf (DOG do 7 de outubro de 2020)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio